Cañete sentencia que "o debate cunha muller é complicado" porque "se a acurralas, é machista". Díxoo nunha entrevista en Antena 3 para valorar o seu debate con Elena Valenciano, emitido este xoves por TVE. Recólleo a Cadena SER. Durante a lexislatura comunitaria que remata o referente do PPdeG, Millán Mon, opúxose a que a UE defenda os dereitos sexuais femininos.
Fálase
#europeas2014 Axenda electoral do día
- Francisco Millán: Mitin en Narón ás 20:30.
- José Blanco: Encontro con empresarios en Vigo ás 12:00 e mitin con Besteiro e Rubalcaba ás 20:30 na Coruña.
- Ana Miranda: Acto pola lingua ás 10:30 en Santiago, encontro con armadores ás 12:30 en Vigo e mitin ás 20:30 en Pontevedra.
- Lidia Senra: Acto sobre lingua ás 11:30 en Santiago, reparto informativo ás 18.00 no Milladoiro e mitin ás 20:30 en Teo.
- Paulo Carlos López: Actos informativos en Betanzos e na Coruña e lectura pública do Sempre en Galiza, ás 19:30 na Coruña.
Deteñen un mozo por expresar en Twitter a súa "conformidade" co asasinato de Isabel Carrasco. Expertos na regulación legal de internet opóñense aos plans do Goberno de España neste ámbito.
Cae á metade en Galicia a venda de medicamentos excluídos do financiamento da Seguridade Social. Cóntao Faro de Vigo
Feijóo asegura que o caso Pokémon está a causar "indefensión" aos investigados. Díxoo nunha entrevista en V Televisión, na que tamén asegurou que o seu libro favorito de Rosalía de Castro é "Poemas Galegos".
Rajoy enxalza a familia sentenciando que "por moi duras que sexan as discusións na casa, nunca se poden romper os lazos que nos unen". Díxoo nun vídeo difundido polo Goberno de España co gallo do Día da Familia e publicado na web da Moncloa.
O naval ferrolán percorre a ría a pé contra os "globos sonda" sobre a carga de traballo e reclamando "traballo xa" para os estaleiros. Imaxe de @xoanporto.
As eléctricas terán que devolver aos consumidores 224 millóns de euros polo que facturaron de máis, segundo adianta a Cadena Ser.
A TVG atrasa o debate entre candidatos galegos ás europeas a este venres. Emitirase pola G2 ás 22:45 mentres na primeira canle se emite Luar. Recólleo a web do Colexio de Xornalistas.