A folga xeral convocada en Portugal pola CGTP en solitario acada unha gran seguimento nos transportes, aínda que o secretario xeral do sindicato admite que a mobilización é "difícil"
Fálase
#consellodaxunta Ata agora 14 directivos de empresas públicas cobraban máis có presidente da Xunta. Cando se aprobe o novo decreto, só percibirán o mesmo soldo que Feijóo o director xeral da CRTVG e o presidente de Sogama.
#consellodaxunta O Goberno galego financiará nun 55% a gasificación da planta de Alcoa na Coruña
#consellodaxunta A Xunta aproba os servizos mínimos para a folga xeral. Son os mesmos que en 2010 e asegura Feijóo que se "axustan" ás sentenzas do TSXG, cunha dispoñibilidade de efectivos semellante á dun domingo ou festivo.
#consellodaxunta O Goberno galego dálle luz verde ao decreto que fixará as retribucións máximas dos directivos das empresas e entes públicos. Os membros do Consello da CRTVG ganarán un 40% menos. Outros directivos cobrarán, como máximo, o que percibe o presidente da Xunta.
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, confirma nunha entrevista na TVG que se presentará ás primarias do seu partido para optar á candidatura á Xunta.
O presidente do Congreso dos Deputados, Jesús Posada, acompaña a un grupo de toureiros na presentación dunha iniciativa lexislativa popular. O obxectivo, que as touradas sexan consideradas Ben de Interese Cultura.
O papel do Fondo Monetario Internacional (FMI) nun gráfico. Foi Europa a maior destinataria dos fondos desta institución, especialmente desde o inicio da última gran recesión.
A Consellería de Benestar formaliza a xestión privada dunha residencia de maiores e centro de alheimer en Bembrive e de prazas de residencia de maiores en Pontevedra. En dous contratos, o departamento de Beatriz Mato gastará máis de 12 millóns de euros.
O Diario Oficial de Galicia dá conta hoxe do inicio do trámite de exposición pública o proxecto de trazado dun novo enlace entre a Autoestrada do Atlántico en Santiago, á altura da Cidade da Cultura.