Aurelia Rey permanece na súa casa e négase a abandonala despois da intervención policial. O portal do edificio está pechado cunha cadea que os bombeiros se negaron a romper. Ao redor de vinte antidisturbios manteñen cortada a rúa.
Aurelia Rey permanece na súa casa e négase a abandonala despois da intervención policial. O portal do edificio está pechado cunha cadea que os bombeiros se negaron a romper. Ao redor de vinte antidisturbios manteñen cortada a rúa.
O grupo musical e humorístico Os da Ría emite un retranqueiro comunicado anunciando a súa intención de presentárense para dirixir a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), organismo dependente da Xunta cuxa dirección leva catro meses vacante.
Mantense a concentración na rúa Padre Feijoo da Coruña diante da casa de Aurelia Rey. 200 persoas impiden de momento o desaloxo desta muller de 85 anos.
O colectivo cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos organiza este domingo en Ferrol o I Campionato Mundial de Pesca de Neumático para protestar contra o estado da ría
O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, anuncia o seu regreso tras ser tratado en Cuba do cancro que padece. Chávez non puido tomar posesión tras gañar as eleccións a causa da súa doenza.
Ao redor de 200 persoas concéntranse na Coruña diante da vivenda de Aurelia Rey para evitar que sexa expulsada da súa casa por unha débeda de 165 euros
Pablo Iglesias reflexiona en Sin Permiso sobre a acción levada a cabo polos grupos que loitan polo dereito á vivenda: Stop Desahucios ha disparado al corazón del Capital e di que se "esgotou" o "proxecto histórico de reforma social da socialdemocracia que nunca puxo en cuestión a propiedade privada como base constitucional dos nosos sistemas políticos"
A Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sahara cualifica de "ignominiosa" a sentenza contra 24 saharauis implicados nos disturbios de 2010 no campamento de Gdaim Izik. Hai oito condenas a cadena perpetua, outras catro a 30 anos e sete máis a 25 anos de cadea
Blancanieves foi a gran gañadora dos Premios Goya. O filme levou dez galardóns nunha noite que tamén recoñeceu Lo imposible e Las aventuras de Tadeo Jones. Houbo moitas intervencións críticas aos recortes do Goberno, referencias aos sobres do PP e aos desafiuzamentos.
O Celta destitúe a Paco Herrera como adestrador e fichará a Abel Resino como substituto. Os celestes están a catro puntos da salvación.