O Ministerio do Interior destrúe vídeos de polémicas expulsións de inmigrantes a Marrocos. Jorge Fernández Díaz recoñeceu, tras unha pregunta do deputado de Amaiur Jon Iñarritu, que as imaxes coas expulsións en quente do pasado mes de agosto xa non están dispoñibles
Fálase
O IPC baixa en Galicia sete décimas en decembro e pecha o ano cun descenso do 1%, ao igual que o Estado. O IPC pecha o ano en negativo debido, sobre todo, ao abaratamento do prezo do transporte e das comunicacións, pola baixada do combustible.
A convocatoria electoral do 27-S protagoniza as primeiras páxinas da prensa catalá deste xoves.
O PP atrasou datas nas facturas da reforma da súa sede para evitar impostos, segundo as conclusións da Axencia Tributaria que recolle Vozpópuli
El Diario entrevista a cidadá belga que afirma ser filla de Juan Carlos de Borbón. Asegura que pedirá a comparecencia do anterior xefe do Estado no xuízo.
O PP prevé tipificar como terrorismo algúns escraches. Cóntao El Diario
O Sergas retruca agora ao colapso dos hospitais explicando que valora campañas agresivas para animar á vacinación contra a gripe, segundo conta La Voz
Un trámite ambiental pon en dúbida de novo o remate do AVE galego. Fomento asegura que fará en dous anos un trámite para o que a Xunta estimou seis, segundo conta El País Galicia
Artur Mas convoca eleccións anticipadas en Catalunya para o 27 de setembro. O presidente da Generalitat afirma que CiU e ERC concorrerán con listas separadas pero cunha "folla de ruta común" que está "moi avanzada"
Admitida a trámite unha demanda de paternidade contra Juan Carlos de Borbón. O Supremo admite a denuncia presentada pola cidadá belga Ingrid Sartiau.