O Sergas retruca agora ao colapso dos hospitais explicando que valora campañas agresivas para animar á vacinación contra a gripe, segundo conta La Voz
Fálase
Un trámite ambiental pon en dúbida de novo o remate do AVE galego. Fomento asegura que fará en dous anos un trámite para o que a Xunta estimou seis, segundo conta El País Galicia
Artur Mas convoca eleccións anticipadas en Catalunya para o 27 de setembro. O presidente da Generalitat afirma que CiU e ERC concorrerán con listas separadas pero cunha "folla de ruta común" que está "moi avanzada"
Admitida a trámite unha demanda de paternidade contra Juan Carlos de Borbón. O Supremo admite a denuncia presentada pola cidadá belga Ingrid Sartiau.
A Intervención do Estado constata que o PP pagou en negro a súa sede. Os peritos adscritos á Fiscalía confirman a veracidade dos pagos en B de Génova 13.
Rajoy proclama, sobre Syriza e Podemos, que "prometer cousas imposibles xera unha enorme frustración". Asegurouno ao chegar a Grecia, onde participa en actos de campaña a prol do primeiro ministro Samarás
Farmamundi destaca que España posúe mecanismos legais para saltar a patente dos fármacos contra a hepatite C. Xosé María Torres Bouza afirma en InfoLibre que a emisión dunha licencia obrigatoria permitiría a elaboración de produtos xenéricos a menor prezo. Dende o Ministerio de Sanidade respóndese que esa posibilidade non está enriba da mesa
A empresa á que lle foi cedida a xestión do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, Espiral Xestión Cultural, provoca danos irreversibles nun dos petroglifos, ao pasar por riba cun tractor que realizaba labores de limpeza.
Lanzan Noveno 9, unha revista dixital sobre banda deseñada realizada polo alumnado da escola O Garaxe Hermético. O seu número 0, que se pode descargar achegando cada lector ou lectora a cantidade que crea xusta, consta de 87 páxinas e incorpora obras de varios creadores e creadoras emerxentes.
A Academia Zeta, de Gerardo Crespo, deixa de estar autorizada para impartir formación da Consellería de Traballo por non achegar a documentación precisa. O centro dálle nome á operación xudicial que investiga a presunta fraude nos cursos de formación.