A Academia Zeta, de Gerardo Crespo, deixa de estar autorizada para impartir formación da Consellería de Traballo por non achegar a documentación precisa. O centro dálle nome á operación xudicial que investiga a presunta fraude nos cursos de formación.
Fálase
O presidente da Deputación da Coruña escribe que Parga Pondal se formou con "bolsas concedidas pola Xunta". O prestixioso químico galego, finado en 1986, licenciouse en 1922 e rematou a tese de doutoramento en 1934. Recólleo La Voz
O Goberno central pacta co PSOE endurecer a lexislación antiterrorista tras os atentados de París. A nova regulamentación plasmarase nunha lei orgánica. Cóntao El Diario
Sae á venda a primeira edición de Charlie Hebdo tras o atentado. Varios xornais do mundo homenaxean hoxe a revista ou reproducen parte do seu contido, caso por exemplo de El Progreso ou El País.
A web do PSdeG sofre un ataque informático. A páxina quedou inoperativa durante a noite do luns ao martes e parte desta mañá.
O Goberno central teima na contrarreforma parcial da lei do aborto. O ministro de Xustiza ratifica que traballan nunha lei orgánica para modificar o dereito a interrumpir o embarazo das mozas de 16 e 17 anos. Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER
No seu primeiro mes de funcionamento, o Portal da Transparencia do Goberno recibiu 629 preguntas ou solicitudes de información dos e das cidadás e ao redor de 1.720.135 visitas, destaca Código Cero. As consultas refírense, sobre todo, ao Ministerio de Facenda, a Presidencia e á Casa Real.
Un estudo de Carlos Martínez e Eduardo Garzón analiza as axudas á banca concedidas polos Estado español entre 2008 e 2012, destacando a contía das recapitalizacións (59.743 millóns de euros) e do rescate de activo deteriorados (28.395 millóns), sobre todo en 2012, último ano do que hai datos oficiais
Vence, segundo líder político do Estado con maior porcentaxe de seguidores activos en Twitter segundo un estudo da consultora Sibilare que recolle PR Noticias. Sitúase, cun 6,6%, por tras de Pedro Sánchez (9,1%) e por diante de Pablo Iglesias (4,2%).
Roberto Rivas, o bombeiro da Coruña que se negou a participar nun desafiuzamento, recibirá o Premio Portapaz 2015, que entrega o Seminario Galego de Educación para a Paz coincidindo cos actos do Día Escolar pola Paz, o 30 de xaneiro