Feijóo acusa a "partidos nacionalistas galegos" de ser "ambiguos cos violentos". Faino nunha entrevista en El Mundo, onde di que Artur Mas "ignora a axuda" que lle queren dar o Goberno central e as autonomías.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53390744bb5f5-13962075944283.jpg)
Feijóo acusa a "partidos nacionalistas galegos" de ser "ambiguos cos violentos". Faino nunha entrevista en El Mundo, onde di que Artur Mas "ignora a axuda" que lle queren dar o Goberno central e as autonomías.
As eléctricas devolverán uns 34 euros na próxima factura. Compensarán así as cantidades cobradas de máis durante o primeiro trimestre.
As urnas lexitiman o autoritarismo de Erdogan en Turquía. O partido do primeiro ministro gaña con claridade as eleccións municipais e gobernará Ankara e Istambul.
Un fillo dun dirixente do PP acapara contratos millonarios en Sogama. A empresa Perfis 2000 faise coa xestión de 20 empacadoras.
Ampla vitoria da UMP e ascenso da Fronte Nacional na segunda volta das eleccións municipais francesas. O gobernante Partido Socialista sufriu unha dura derrota, perdendo a alcaldía de máis de cen localidades de máis de dez mil habitantes.
Remata a xornada na Terceira galega. Boiro, Pontevedra, Somozas e Choco encabezan a clasificación.
Pontevedra 2-0 Barbadás
Boiro 2-0 Alondras
Choco 4-1 Laracha
Grixoa 1-0 Arousa
Ordes 0-2 Rápido de Bouzas
Racing Vilalbés 0-1 Bertamiráns
Negreira 0-1 Deportivo B
Somozas 3-1 Betanzos
Dorneda 1-2 As Pontes
Cultural Areas 0-5 Cerceda
O Lugo perdeu na súa visita a Sabadell (1-0) e queda a dous puntos dos play-off de asecenso e a cinco do descenso. Na Segunda B, vitoria do Rácing de Ferrol ante o Celta B (2-0). E empates de Coruxo ante o Caudal (0-0), do Compostela ante o Sporting B (2-2) e do Ourense ante o Marino (2-2).
Ao redor de 40 persoas participan nestes momentos na homenaxe a Carvalho Calero organizada pola Fundaçom Artábria fronte aos restos da súa casa natal, en Ferrol Vello
El Diario entrevista os xornalistas agredidos pola policía este sábado en Madrid mentres gravaban unha detención: "Foi gratuíto e deliberado. Quixeron impedir que graváramos; iso é censura na súa máxima expresión".
A Illa de San Simón acollerá os días 25 e 26 de abril #NeThinking2014, no que expertos debatirán sobre Internet e as redes sociais. Participarán, entre outros, Joaquín Müller, Mario Tascón, Marilín Gonzalo, Eduardo Arcos, Miguel Ángel López Hematocrítico ou Risto Mejide.