O PSOE promove a reprobación de Sáenz de Santamaría no Congreso polas cargas do 1-O en Catalunya. Recólleo eldiario.es
Fálase
Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura por Poemar o mar, escrito en galego. O xurado cualifica a obra do vigués como un “libro cargado de emoción, cunha brillante elección léxica”. Máis información, ao longo do día en Praza.gal
A conselleira Beatriz Mato pide ao alcalde da Coruña "que non traia á cidade o modelo separatista de Cataluña". Mato preside o PP local e perfílase como candidata á alcaldía en 2019. Xulio Ferreiro manifestou nos últimos días o seu rexeitamento á "represión" e pediu "diálogo" no conflito catalán.
O Goberno central anuncia medidas para garantir a permanencia de Policía e Garda Civil en hoteis cataláns. Mentres, no Congreso o PP forza o debate dunha iniciativa para apoiar a actuación policial contra o referendo do pasado domingo.
O voceiro do PP no Congreso ve "de corte nazi" a folga de hoxe en Catalunya, que tamén descualifica por "política". Rafael Hernando negou tamén durante unha entrevista en RNE que a cifra de 800 persoas feridas nas cargas policiais sexa certa.
As inscricións no paro aumentaron en 2.932 en Galicia o pasado setembro ata as 184.057; son 10.279 menos que hai un ano. No mesmo mes as afiliacións ás seguridade social caeron en 6.631, aínda que o balance interanual é de 19.373 máis que no mesmo mes de 2016.
O alcalde de Xinzo asegura que asina no xuízo por prevaricación que asinaba sen ler os contratos dos presuntos enchufes no Concello que validou. Cóntao Faro de Vigo
O xuízo pola presunta malversación na Fundación Cela non se celebrará con xurado popular. A Audiencia da Coruña atende o recurso dos acusados, entre eles Marina Castaño, e finalmente serán os maxistrados quen xulguen.
O TSXG estrea nova competencia en substitución do Supremo dándolle a razón á Xunta fronte a un particular. O Tribunal Superior de Galicia xa pode resolver recursos de casación sobre normas emanadas da comunidade autónoma que ata o de agora tiña que resolver o Supremo. O ex-valedor do Pobo Benigno López é o relator da primeira sentenza, que avala a caducidade da licenza de obras obtida por un cidadán por non inicialas en prazo.
Puigdemont pide un "mediador" internacional para dialogar co Estado e reclama a marcha da policía de Garda Civil despregada en Catalunya polo 1-O.