Os pensionistas, xubilados e prexubilados de UGT entregan hoxe ao Goberno un manifesto en defensa do Estado de Benestar logo de manifestárense en varias cidades españolas.
Fálase
A Audiencia Nacional arquiva a querela contra a familia Botín polas súas contas en Suíza. En La Información.
Os sindicatos estatais cifran nun 80% o seguimento da folga no ensino no conxunto de España e aseguran que as protestas continuarán en xuño e á volta do verán.
Deputados de Izquierda Plural locen no Congreso as camisetas verdes contra os recortes na educación. Na imaxe, o parlamentario de EUiA Joan Josep Nuet (@Nuet).
Novagalicia Banco vende o 30% da eólica Enerfín a Elecnor por 30,5 millóns de euros, segundo informa o comprador á CNMV.
Dende as 00:00 horas de hoxe Projecto Mourente ten xa na Rede e no mercado o seu novo disco, A pior. Podedes escoitalo e mercalo dende aquí.
CCOO cifra nun 30% o seguimento da folga en Infantil, Primaria e Secundaria e moito máis masivo nas universidades, onde "só se están a realizar exames". Na da Coruña, secundarían a folga o 90% dos profesores e PAS, mentres que en Santiago e Vigo superaríase o 50%.
Os avogados de Fernando Blanco presentan un recurso de apelación directo para solicitar o sobreseimento do caso, por considerar que o auto contra el "carece de toda motivación"
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca un peche para esta tarde no IES Menéndez Pidal (Zalaeta), na Coruña, e continúa así coas mobilizacións rotatorias iniciadas o pasado 14 de maio.
Estudantes de Socioloxía da UdC deciden en asemblea pecharse na facultade "en contra da crecente precariedade do ensino público". #PecheUdC