A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca un peche para esta tarde no IES Menéndez Pidal (Zalaeta), na Coruña, e continúa así coas mobilizacións rotatorias iniciadas o pasado 14 de maio.
Fálase
Estudantes de Socioloxía da UdC deciden en asemblea pecharse na facultade "en contra da crecente precariedade do ensino público". #PecheUdC
O Goberno central utiliza o sorteo da Lotaría de Nadal de 2011 para adelgazar en 800 millóns o déficit de 2012. Cóntao Voz Pópuli.
O pleno do Parlamento vén de renovar tres postos do Consello Social da Universidade da Coruña -Emma Lustres e Carmen González-Rosón, a proposta do PP e Andrés Vicente Salgueiro, a proposta do BNG- e un do mesmo órgano da Universidade de Santiago -Jesús Couceiro, a instancias do BNG-.
Os vencementos de débeda que ten que enfrontar o conxunto das autonomías neste ano acada os 30.000 millóns. En La Información.
A OIT advirte que a crise pode provocar "unha xeración perdida" en España. Os datos do seu último informe sobre o desemprego xuvenil volven deixar o Estado no peor lugar posible en Europa. "A situación non mellorou nin parece que vaia mellorar a curto prazo", di.
A OCDE prevé que o PIB de España caerá un 0,8%, o que prolongará a recesión en 2013. O Goberno asegura que volverá medrar (0,2%), Bruxelas tamén cre que caerá (-0,3%), mentres que o FMI agarda un pequeno aumento do 0,1%.
Obama pide ao BCE que compre débeda de España e Italia e que impulse unha política monetaria activa que axude os países que puxeron en práctica "obxectivos e políticas moi duros".
Esperanza Aguirre pide "suspender" a final de Copa e que "se celebre a porta pechada noutro lugar" ante as posibles "ultraxes á bandeira e ao himno de España".
Plácido Álvarez Dobaño, voceiro do PP na Deputación e alcalde de Muiños, di que "hai seis alcaldes interesados pola planta de residuos do sur de Galicia". Unha vez que a instalación da incineradora no Irixo parece cada vez menos probable, soan con forza Celanova e a Baxa Limia.