A OIT advirte que a crise pode provocar "unha xeración perdida" en España. Os datos do seu último informe sobre o desemprego xuvenil volven deixar o Estado no peor lugar posible en Europa. "A situación non mellorou nin parece que vaia mellorar a curto prazo", di.
Fálase
A OCDE prevé que o PIB de España caerá un 0,8%, o que prolongará a recesión en 2013. O Goberno asegura que volverá medrar (0,2%), Bruxelas tamén cre que caerá (-0,3%), mentres que o FMI agarda un pequeno aumento do 0,1%.
Obama pide ao BCE que compre débeda de España e Italia e que impulse unha política monetaria activa que axude os países que puxeron en práctica "obxectivos e políticas moi duros".
Esperanza Aguirre pide "suspender" a final de Copa e que "se celebre a porta pechada noutro lugar" ante as posibles "ultraxes á bandeira e ao himno de España".
Plácido Álvarez Dobaño, voceiro do PP na Deputación e alcalde de Muiños, di que "hai seis alcaldes interesados pola planta de residuos do sur de Galicia". Unha vez que a instalación da incineradora no Irixo parece cada vez menos probable, soan con forza Celanova e a Baxa Limia.
El Periódico dedica a súa portada á folga convocada hoxe en todos os niveis do ensino. Tamén publica un editorial, Unha folga inédita, no que afirma que "José Ignacio Wert enfróntase ao dubidoso honor de sufrir a primeira folga unitaria da democracia no ensino público"
Facebook esboróase na Bolsa, entre rumores do estoupido da burbulla tecnolóxica. As súas accións caen un 14% e fican moi por debaixo do prezo de saída.
O esquerdista Andrés Manuel López Obrador convoca un mitin para máis de dez mil estudantes en México. A 5 semanas das eleccións o candidato do PRI Peña Nieto obtería o 39%, López Obrador o 31% e o PAN quedaría no 26%.
Este martes está convocada unha folga en todos os niveis do ensino, dende infantil até a universidade, por primeira vez na historia. Convocan FETE-UGT, FE-CCOO, ANPE, CSIF e STES, aínda que en Galicia finalmente UGT non participará, o mesmo que os sindicatos nacionalistas.
Luís Campos, presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra afirma que “cumprir o decreto do Ministerio de Sanidade vai contra a ética profesional” e di que "non nos podemos negar a atender un paciente".