A Diputación de Gipuzkoa mantén a ikurriña e a bandeira de Venezuela a media hasta pola morte de Hugo Chávez, segundo conta Naiz.info.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51389df860060-diputacion_bandera.jpg)
A Diputación de Gipuzkoa mantén a ikurriña e a bandeira de Venezuela a media hasta pola morte de Hugo Chávez, segundo conta Naiz.info.
A SER adianta que a Policía destaca, nun informe sobre os papeis de Bárcenas, que se detecta "dobre sistema de facturación dos actos" do PP en Galicia nas eleccións de 1997 e 1999. A Audiencia Nacional vén de asumir a investigación dos documentos.
#consellodaxunta O Goberno galego nomea director da AGADIC a Jacobo Sutil Nesta, ata o momento alleo ao mundo da cultura. Licenciado en Ciencias Empresariais, o groso da súa actividade profesional desenvolveuse nunha empresa construtora.
Está a causar controversia na rede social Twitter o xeito en que La 2 de TVE promociona a emisión do filme, Good bye, Lenin, tanto polo erro na transcrición do título como pola presentación da fita.
A actriz Pilar Pereira recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, galardón honorífico que se entrega na cerimonia dos María Casares. A gala dos premios do teatro galego celebrarase o 27 de marzo no Rosalía de Castro da Coruña
Seis imputados por impedir o desafiuzamento de Aurelia Rey na Coruña, segundo confirma Stop Desahucios. Varios activistas foron denunciados tras os disturbios coa policía o pasado 18 de febreiro. Máis información, esta mañá en Praza.
O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz asume a investigación dos papeis de Bárcenas, que teñen polo menos tres vínculos co caso Gürtel.
Os traballadores da Fábrica de Armas da Coruña marchan pola cidade contra o peche da factoría. Imaxe de @radiocoruna.
O vicesecretario de organización do PP, Carlos Floriano, reclama "límites" para a "liberdade de información". Fíxoo esta mañá durante unha entrevista en Radio Nacional de España.
O xuíz rexeita que o partido de Mario Conde se presente como acusación popular no caso Gürtel. Cóntao El Diario.