Fenebús, patronal do transporte de pasaxeiros por estrada, denunciará a Blablacar ante os tribunais, buscando o peche desta popular plataforma para compartir coche, á que acusa de "competencia desleal"
Fálase
De Guindos berroulle a Varoufakis durante a xuntanza do Eurogrupo, segundo unha información de Bloomberg Business que recolle Infolibre. A nova atribúe o nerviosismo do ministro español a que un posible éxito de Grecia nas negociacións poida beneficiar as expectativas electorais de Podemos.
Yanis Varoufakis analiza nun artigo o estado das negociacións entre Grecia e a UE. 'Non é momento de xogos en Europa', titulouno o ministro de finanzas grego. Recólleo traducido Sin Permiso
Stop Desafiuzamentos concéntrase en Ourense contra o desaloxo dunha muller con dous fillos polo impago do aluguer. Máis información, hoxe en Praza. Foto de @RadioOurense.
A Xunta constata que o cambio climático afecta xa a saúde en Galicia. Dos case 800 fenómenos meteorolóxicos adversos entre 2009 e 2013, un 6% foron falecidos e un 19%, feridos.
Madrid paga primas a xuíces por medio dunha empresa privada. A través de Indra abona compensacións a maxistrados, fiscais e secretarios por asesorar en melloras informáticas.
O marisco contaminado de Ferrol acababa en destacados restaurantes de Galicia ou Euskadi. A operación Japónica destapa unha rede ilegal con conexións en viveiros vascos.
A Xunta orzamentou 354 millóns para peaxes desde que comezou a crise. Consignou 181 millóns para as catro autovías en concesión, pero só liquidou o 60% nos últimos tres anos.
'Birdman' triunfa nos Oscar, con catro premios: mellor filme, mellor director e mellor guión orixinal. 'Boyhood' leva tan só un gran galardón e 'Gran Hotel Budapest', catro.
Este luns a partir das 20 horas seis concentracións (en Vigo, A Coruña, Compostela, Ferrol, Ourense e Pontevedra) protestarán contra a reforma exprés da lei do aborto, convocadas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. Os actos terán lugar ante as sedes do PP en cada cidade, agás en Vigo (farola de Urzáiz)