O marisco contaminado de Ferrol acababa en destacados restaurantes de Galicia ou Euskadi. A operación Japónica destapa unha rede ilegal con conexións en viveiros vascos.
Fálase
A Xunta orzamentou 354 millóns para peaxes desde que comezou a crise. Consignou 181 millóns para as catro autovías en concesión, pero só liquidou o 60% nos últimos tres anos.
'Birdman' triunfa nos Oscar, con catro premios: mellor filme, mellor director e mellor guión orixinal. 'Boyhood' leva tan só un gran galardón e 'Gran Hotel Budapest', catro.
Este luns a partir das 20 horas seis concentracións (en Vigo, A Coruña, Compostela, Ferrol, Ourense e Pontevedra) protestarán contra a reforma exprés da lei do aborto, convocadas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. Os actos terán lugar ante as sedes do PP en cada cidade, agás en Vigo (farola de Urzáiz)
Remata a xornada na Terceira División. Pontevedra, Cerceda e Dépor B encabezan a clasificación, por diante de Ribadumia, Arousa e Ordes
Deportivo B 0-1 Ordes
Cerceda 2-0 Silva
Arousa 3-0 Barbadás
Choco 6-1 Bertamiráns
Rápido de Bouzas 1-1 Laracha
As Pontes 1-4 Boiro
Alondras 3-2 Cultural Areas
Pontevedra 4-1 Racing Vilalbés
Bergantiños 2-1 Xuventú Sanxenxo
Ribadeo 2-1 RibadumiaNa Segunda B, vitoria do Coruxo en Murcia (0-1), do Somozas ante o Rácing de Ferrol (1-2) e do Compostela ante o Celta B (0-1). A pesar da derrota, o Rácing de Ferrol segue terceiro; o Compostela sitúase a nove puntos dos postos de play-off de ascenso.
Vitoria do Lugo no Anxo Carro ante o Recreativo de Huelva (2-1) con goles de Lolo Pla e Luis Fernández. Os lucenses están xa seis puntos por riba dos postos de descenso.
Alberto Núñez Feijoo mantivo un encontro este domingo cos sete candidatos do PPdeG nas cidades galegas, presentándoos como garantía de "estabilidade": Agustín Hernández (Santiago), Carlos Negreira (A Coruña), José Manuel Rey Varela (Ferrol), Elena Muñoz (Vigo), Jesús Vázquez (Ourense), Jaime Castiñeira (Lugo) e Jacobo Moreira (Pontevedra).
O Foro Galego de Inmigración celebra dende este luns a II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras cunha serie de actos en Lugo, A Coruña e Compostela, centrados na denuncia das deportacións masivas ou nas dificultades das persoas migrantes no acceso aos servizos sociais.
O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa na que lle reclama á Xunta adoptar as medidas necesarias para garantir a titularidade e uso civil do Panteón de Galego Ilustres. Fai coincidir a demanda co aniversario do nacemento de Rosalía, figura que deu lugar a creación deste espazo.