Bankia devolverá aos pequenos accionistas o 100% do diñeiro da saída a bolsa sen necesidade de xuízo e dá un prazo de tres meses para reclamalo.
Fálase
O PP de Madrid realizou varias operacións de branqueo durante a mañá do 11M. Cóntao El Español.
O Superior permite continuar o proceso para evitar a derruba do Conde de Fenosa na Coruña. O tribunal rexeita un recurso do demandante para que non se avanzase na proposta do Concello de só eliminar algunhas partes do inmoble.
Cortes de electricidade obrigan a suspender probas durante horas no Álvaro Cunqueiro. Dificultaron a realización de TAC e afectaron a neumoloxía e o laboratorio.
O Constitucional suspende a 'conselleria' catalá de Exteriores e acepta o recurso de Rajoy. O alto tribunal suspende as funcións do departamento encabezado por Raül Romeva.
Ciudadanos e PSOE, máis preto dun acordo, xa negocian o financiamento dun posible pacto. Os equipos negociadores de ambos partidos recoñecen "avanzadas" as conversas.
O PSOE ultima o apoio de Compromís á investidura de Pedro Sánchez. A coalición valenciana negocia co PSOE con autonomía respecto de Podemos malia ir en alianza ás xerais.
O PNV sería primeira forza nas eleccións vascas seguida por Podemos, que adiantaría a EH Bildu. É o prognóstico dun inquérito do Goberno vasco que recolle El Diario Norte.
Denuncian que mulleres se ven obrigadas a abortar sen asistencia médica no Hospital da Coruña. É unha alerta lanzada dende a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto que recolle Radio Coruña
Aduanas vincula coa trama da ORA a un alto funcionario de Lugo. Un informe sostén que o xefe de enxeñería e vías públicas do Concello colaborou con Vendex para que conseguise a adxudicación do servizo de aparcadoiro.