Carlos Mella é elixido Presidente da Fundación Castelao en substitución do finado Avelino Pousa Antelo
Fálase
Os mineiros de Asturias e León volven estar nunha situación límite. As empresas adebédanlles unha nómina aos seus traballadores, algunhas executan recortes de salarios de entre o 5% e o 35% e hai 500 despedimentos formalizados mediante ERE. Os traballadores inician este luns cortes do transporte de carbón importado cara ás térmicas e ameazan con radicalizar o conflito o día 13.
O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes (PP), vén de ser imputado na Operación Pokémon. Está convocada unha rolda de prensa no Concello ás 12:30 horas. O número de imputados neste caso xa supera a trintena.
O blog Principia Marsupia recolle, ao fío do caso Bárcenas, cinco exemplos internacionais de políticos que abandonaron os seus cargos por "honestidade".
Colectivos veciñais lugueses poñen en marcha a iniciativa #CáncerenLugo para reclamar os servizos de radioterapia no hospital da cidade. Inclúena na campaña reivindicativa coa que tamén esixen unidade de hemodinámica no mesmo centro sanitario.
O paro rexistrado nas oficinas de emprego aumentou en 132.000 persoas en xaneiro en España até un novo récord de 4.980.778. Ademais perdéronse 263.243 afiliados á Seguridade Social
A concelleira compostelá Rebeca Domínguez volve declarar hoxe en Lugo ante a xuíza instrutora da 'Operación Pokémon'
O imputado Jesús Sepúlveda, ex marido de Ana Mato, segue cobrando un soldo do Partido Popular, segundo publica El Diario. É un dos principais imputados do caso Gürtel.
Bárcenas cobrou 600.000 euros dun construtor e anotoulle 144.000 ao PP, segundo publica este luns El Pais. A policía atribúelle pagamentos de Constructora Hispánica entre os anos 2002 e 2003. No mesmo periodo o ex tesoureiro apuntou doazóns da empresa ao partido
La Región publica unha entrevista con Pachi Vázquez. O secretario xeral do PSdeG-PSOE asegura que "a militancia vai decidir o futuro deste partido" e ante as críticas recibidas dende algúns sectores conclúe: "que ninguén pense que vai haber un cambio de camarilla. Cando lle oio falar de renovación a persoas que levan 32 anos vivindo desta organización política... Que estean tranquilos, porque imos renovar e a eles os primeiros".