O blog Principia Marsupia recolle, ao fío do caso Bárcenas, cinco exemplos internacionais de políticos que abandonaron os seus cargos por "honestidade".
Fálase
Colectivos veciñais lugueses poñen en marcha a iniciativa #CáncerenLugo para reclamar os servizos de radioterapia no hospital da cidade. Inclúena na campaña reivindicativa coa que tamén esixen unidade de hemodinámica no mesmo centro sanitario.
O paro rexistrado nas oficinas de emprego aumentou en 132.000 persoas en xaneiro en España até un novo récord de 4.980.778. Ademais perdéronse 263.243 afiliados á Seguridade Social
A concelleira compostelá Rebeca Domínguez volve declarar hoxe en Lugo ante a xuíza instrutora da 'Operación Pokémon'
O imputado Jesús Sepúlveda, ex marido de Ana Mato, segue cobrando un soldo do Partido Popular, segundo publica El Diario. É un dos principais imputados do caso Gürtel.
Bárcenas cobrou 600.000 euros dun construtor e anotoulle 144.000 ao PP, segundo publica este luns El Pais. A policía atribúelle pagamentos de Constructora Hispánica entre os anos 2002 e 2003. No mesmo periodo o ex tesoureiro apuntou doazóns da empresa ao partido
La Región publica unha entrevista con Pachi Vázquez. O secretario xeral do PSdeG-PSOE asegura que "a militancia vai decidir o futuro deste partido" e ante as críticas recibidas dende algúns sectores conclúe: "que ninguén pense que vai haber un cambio de camarilla. Cando lle oio falar de renovación a persoas que levan 32 anos vivindo desta organización política... Que estean tranquilos, porque imos renovar e a eles os primeiros".
Novas protestas ante a sede do PP en Madrid. A convocatoria comezou pouco despois das 19.00 horas.
Na Terceira galega o Rácing de Ferrol (57 puntos) e o Celta B (47) continúan moi destacados na cabeza da clasificación seguidos do Compostela (39).
Racing Vilalbés 1-0 Pontevedra
Cerceda 1-3 Celta B
Deportivo B 0-2 Ordes
Betanzos 2-3 As Pontes
Somozas 1-2 Céltiga
Negreira 3-0 Narón
Alondras 0-1 Barbadás
Rápido de Bouzas 1-1 Bergantiños
Vilalonga 1-1 Compostela
Racing de Ferrol 2-0 DornedaDerrota do Lugo 1-0 na súa visita a Cordoba. Os lucenses mantéñense na metade da táboa da Segunda División de fútbol. En Segunda B o Coruxo acadou unha importante vitoria 0-1 ante o Rayo B e roza os postos de play-off de ascenso. E o Ourense empatou na casa ante o Getafe B 1-1.