#JeSuisCharlie Sucédense as mostras de solidariedade tras o masacre perpetrado na sede da revista Charlie Hebdo. As persoas asasinadas son cando menos 12, dez traballadores da revista e dous axentes de policía, segundo informa Libération
Fálase
Dous homes atacan a tiros a sede da revista satírica francesa Charlie Hebdo e matan, cando menos, dez persoas. Trátase da publicación que difundiu caricaturas de Mahoma, polas que recibiu diversas ameazas, así como sátiras sobre a relixión católica e outros moitos asuntos. Está a contalo o xornal Libération
A Esmorga, candidata ao Goya ao mellor guion adaptado. Javier Gutiérrez tamén optará ao premio ao mellor actor protagonista por La Isla Mínima, filme polo que Nerea Barros pode gañar o premio á actriz revelación. Raquel Fidalgo e Noé Montes son finalistas na categoría de maquillaxe e perruquería por El Niño. E A Tropa de Trapo está nomeada como filme de animación. Os galardóns entregaranse o vindeiro 7 de febreiro.
Representantes de organizacións sociais e políticas lanzan un manifesto Polo cambio en Grecia para "solidarizarse co pobo grego, a non permitir que a democracia sexa derrotada polos mercados". Entre os asinantes iniciais están Xosé Manuel Beiras, Martiño Noriega e Lidia Senra, ademais de representantes doutras formacións como Ada Colau ou David Fernández.
Investigadores da Facultade de Veterinaria de Lugo desenvolven un suplemento para gando vacún a base de algas que permite producir leite enriquecido en iodo
Infolibre analiza a rede empresarial que manteñen os fillos de José Luis Méndez, ex director xeral de Caixa Galicia.
A Policía Local de Vigo identifica a veciñanza que, de novo, tenta frear as obras para colocar o barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do barrio de Coia
O DOG publica este mércores a versión recortada da lei para garantir os servizos do hospital de Lugo. A norma, aprobada só cos votos do PP e entre a indignación dos promotores da iniciativa cidadá, dálle á Xunta ata o verán de 2016 para cumprir parcialmente a dotación de servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear no HULA. Feijóo prometeunos para 2011.
Unha muller irá á cadea coa súa filla de dous meses por non pagar unha multa de 1.440 euros, á que foi condenada por utilizar cartóns bancarios que atopou na rúa cando estaba enferma de anorexia e bulimia. Lévao este mércores El País na súa primeira páxina.
Chegan a 16 as persoas detidas na operación contra o narcotráfico na comarca da Arousa. Recólleo Galiciaé