Valentín García cre que na enquisa do IGE "faltan falantes de galego" e insiste en que os malos datos de uso da lingua propia entre os máis novos non se corresponden coa realidade.
Fálase
Alcaldes do PP rebélanselle a Feijóo pola candidata á Deputación de Lugo. Asinan a favor de Elena Candia, aliada de Barreiro e rival de Raquel Arias.
Inxusta derrota do Celta en Málaga. O equipo vigués cae ante o conxunto malagueño (1-0) prexudicado pola mala sorte e os erros arbitrais. Na ACB, o Obradoiro logra un triunfo agónico ante o Estudiantes.
O Lugo cae na casa ante o Betis (0-1) tras un solitario gol de Rubén Castro. No derbi galego de Segunda B, o Racing de Ferrol goleou o Celta B (4-0).
Centos de persoas forman xa a cadea humana a prol do sector naval organizada pola CIG na Ponte das Pías de Ferrol. Toda a información, hoxe en Praza. Fotografía de @GN_Ferrolterra.
Podemos consolídase como primeira forza co 29,6 % do voto estimado, segundo unha enquisa para El Confidencial. O PP obtería o 26,1%; PSOE 16,7; UPyD 5,9; IU 5,6 e Ciudadanos 4,2.
O PP falsea os datos sobre disturbios para xustificar a 'lei mordaza'. O ministro Fernández Díaz asegurou que as protestas con altercados foron 72 nun ano, unha cifra que os populares elevan a 1.000.
Os xubilados triplicarán os mozos na metade das comarcas galegas dentro de dez anos. Prevese que Galicia perda uns 135.000 habitantes nese período.
Fenosa devolve aos municipios os cobros indebidos de cinco anos. A xustiza quitoulle a razón á eléctrica no primeiro preito por sobrefacturación.
A manifestación en Vigo contra o barco na rotonda de Coia percorre xa as rúas e reivindica outras políticas ante unha cidade na que hai "familias sen comer". Foto de @gzcontrainfo.