O Lugo cae na casa ante o Betis (0-1) tras un solitario gol de Rubén Castro. No derbi galego de Segunda B, o Racing de Ferrol goleou o Celta B (4-0).
Fálase
Centos de persoas forman xa a cadea humana a prol do sector naval organizada pola CIG na Ponte das Pías de Ferrol. Toda a información, hoxe en Praza. Fotografía de @GN_Ferrolterra.
Podemos consolídase como primeira forza co 29,6 % do voto estimado, segundo unha enquisa para El Confidencial. O PP obtería o 26,1%; PSOE 16,7; UPyD 5,9; IU 5,6 e Ciudadanos 4,2.
O PP falsea os datos sobre disturbios para xustificar a 'lei mordaza'. O ministro Fernández Díaz asegurou que as protestas con altercados foron 72 nun ano, unha cifra que os populares elevan a 1.000.
Os xubilados triplicarán os mozos na metade das comarcas galegas dentro de dez anos. Prevese que Galicia perda uns 135.000 habitantes nese período.
Fenosa devolve aos municipios os cobros indebidos de cinco anos. A xustiza quitoulle a razón á eléctrica no primeiro preito por sobrefacturación.
A manifestación en Vigo contra o barco na rotonda de Coia percorre xa as rúas e reivindica outras políticas ante unha cidade na que hai "familias sen comer". Foto de @gzcontrainfo.
Milleiros de persoas maniféstanse na Coruña contra o peche de Alcoa. A multinacional ameaza con cerrar a planta da Agrela e de Avilés. PSdeG, BNG, AGE e todos os sindicatos de clase apoian a mobilización. Foto de @UGTCoruna.
A secretaria de Estado de Comunicación afirma que "en España non hai roldas de prensa sen preguntas" e reduce a "anécdota" a comparecencia de Rajoy a través dunha pantalla. Cóntao a xornalista Virginia P. Alonso no seu blog en 20 Minutos.
Roberto García reelixido secretario xeral de Unións Agrarias co 93% dos votos. O líder agrario pide "máis que desculpas" á Xunta e ao PP polas falsas acusacións que verteron sobre a organización.