Fenosa devolve aos municipios os cobros indebidos de cinco anos. A xustiza quitoulle a razón á eléctrica no primeiro preito por sobrefacturación.
Fálase
A manifestación en Vigo contra o barco na rotonda de Coia percorre xa as rúas e reivindica outras políticas ante unha cidade na que hai "familias sen comer". Foto de @gzcontrainfo.
Milleiros de persoas maniféstanse na Coruña contra o peche de Alcoa. A multinacional ameaza con cerrar a planta da Agrela e de Avilés. PSdeG, BNG, AGE e todos os sindicatos de clase apoian a mobilización. Foto de @UGTCoruna.
A secretaria de Estado de Comunicación afirma que "en España non hai roldas de prensa sen preguntas" e reduce a "anécdota" a comparecencia de Rajoy a través dunha pantalla. Cóntao a xornalista Virginia P. Alonso no seu blog en 20 Minutos.
Roberto García reelixido secretario xeral de Unións Agrarias co 93% dos votos. O líder agrario pide "máis que desculpas" á Xunta e ao PP polas falsas acusacións que verteron sobre a organización.
O BNG acompaña as vítimas do Alvia a presentar as denuncias polo accidente de Angrois ante o Parlamento Europeo. A portavoz nacionalista na Eurocámara colabora coa plataforma para "facer xustiza" co sinistro.
A débeda da Xunta situouse en 9.816 millóns de euros no terceiro trimestre do ano. Son, segundo o Banco de España, 95 millóns menos que no segundo trimestre pero un 6,8% máis que un ano antes e supón un incremento do 102% a respecto do ano 2009.
Os traballadores de Alcoa manteñen unha folga de 24 horas e colocan barricadas antes da manifestación que esta tarde percorrerá A Coruña contra o peche da factoría da Agrela. Foto de Onda Cero Coruña.
O galego Darío Villanueva, novo director da Real Academia Española en substitución de José Manuel Blecua.
A cidadanía maniféstase hoxe en Vigo contra o barco da rotonda de Coia. A marcha sairá ás 19 horas da praza América e chegará ao barrio que xa paralizou varias veces as obras para a instalación do buque.