O galego Darío Villanueva, novo director da Real Academia Española en substitución de José Manuel Blecua.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/548a9858f2a67-1418324670_670601_1418324793_noticia_normal.jpg)
O galego Darío Villanueva, novo director da Real Academia Española en substitución de José Manuel Blecua.
A cidadanía maniféstase hoxe en Vigo contra o barco da rotonda de Coia. A marcha sairá ás 19 horas da praza América e chegará ao barrio que xa paralizou varias veces as obras para a instalación do buque.
El País publica o email que confirma que a policía avisou a Madrid da viaxe dos Riazor Blues. "Viaxarán uns 50 integrantes o día do partido", dicía o correo enviado pola policía na Coruña ás forzas de seguridade da capital do Estado, que negaran que coñeceran o desprazamento. Ademais, a directiva do Deportivo meditou dimitir polas presións de Madrid a tomar medidas que outros non tomaron.
Milleiros de persoas maniféstanse en Vigo na defensa da sanidade pública (vídeo da CIG)
Rajoy, disposto a ser candidato de novo ás xerais sen que un congreso do seu partido o elixa como tal. En El Diario
Feijóo culpa as familias de que infancia e mocidade falen menos galego, como acredita o IGE. Recólleo Faro de Vigo
Xa está á disposición da Xustiza o líder de San Miguel Arcángel, a seita con sede en Oia na que presuntamente se cometeron abusos sexuais contra os seus adeptos
Traballadores de Alcoa de Asturias e Galicia maniféstanse en Avilés contra o peche de dúas das súas factorías. Mañá venres, unha manifestación percorrerá as rúas da Coruña.
A Solfónica, expulsada do Congreso tras cantar en protesta contra a Lei Mordaza que vai ser aprobada na Cámara.
Unha manifestación denunciará este xoves en Vigo o proceso de privtización da sanidade e esixirá "un hopital 100% público". CIG-Saúde e AGE denuncian a forte presenza policial no interior do Xeral e o Meixoeiro a consecuencia do paro convocado polo persoal sanitario. Alternativa pide a "dimisión inmediata" da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.