A Solfónica, expulsada do Congreso tras cantar en protesta contra a Lei Mordaza que vai ser aprobada na Cámara.
Fálase
Unha manifestación denunciará este xoves en Vigo o proceso de privtización da sanidade e esixirá "un hopital 100% público". CIG-Saúde e AGE denuncian a forte presenza policial no interior do Xeral e o Meixoeiro a consecuencia do paro convocado polo persoal sanitario. Alternativa pide a "dimisión inmediata" da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.
Jorge Fernández Díaz, ministro de Interior, responde ás persoas que critican as devolucións ilegais, en quente, de persoas migrantes nas fronteiras: "Que me dean o seu enderezo e enviámoslle a esta xente"
Enrique Dans cualifica de "disparate" e de "o máis absoluto dos ridículos internacionais" o peche do servizo de Google News en España, como consecuencia das presións da AEDE e da inminente entrada en vigor da nova lei de propiedade intelectual. Para Dans, a norma "evidendia que España é unha corruptocracia na que calquera grupo de presión pode escribir leis ao seu antollo"
Os xogadores do Deportivo apoian os traballadores de Alcoa e rexeitan o peche da factoría da Coruña. Fotografía de @CesarGabin.
Este xoves continúan no Parlamento europeo as xornadas "As vías de acaparamento de terras na Galiza", organizadas por AGEe e nas que participan representantes de 55 colectivos sociais galegos.
Este venres presentarase en Vigo o libro Ilustradots: 50 ilustradores gallegos actuales, editado pola Revista Dot co impulso dunha potente campaña de crowdfunding. Será no local de La Estación Coworking ás 20 horas.
GCiencia fala do proxecto de recollida a domicilio dos residuos e compostaxe doméstica posto en marcha en San Sadurniño, de momento de forma experimental en tres parroquias
Google pechará a vindeira semana Google News España por mor da coñecida como 'taxa Google'. Recólleo El Diario
Os colexios públicos están a pagar os comedores cos aforros por mor dos atrasos da Consellería de Educación. Cóntao La Voz