Jorge Fernández Díaz, ministro de Interior, responde ás persoas que critican as devolucións ilegais, en quente, de persoas migrantes nas fronteiras: "Que me dean o seu enderezo e enviámoslle a esta xente"
Fálase
Enrique Dans cualifica de "disparate" e de "o máis absoluto dos ridículos internacionais" o peche do servizo de Google News en España, como consecuencia das presións da AEDE e da inminente entrada en vigor da nova lei de propiedade intelectual. Para Dans, a norma "evidendia que España é unha corruptocracia na que calquera grupo de presión pode escribir leis ao seu antollo"
Os xogadores do Deportivo apoian os traballadores de Alcoa e rexeitan o peche da factoría da Coruña. Fotografía de @CesarGabin.
Este xoves continúan no Parlamento europeo as xornadas "As vías de acaparamento de terras na Galiza", organizadas por AGEe e nas que participan representantes de 55 colectivos sociais galegos.
Este venres presentarase en Vigo o libro Ilustradots: 50 ilustradores gallegos actuales, editado pola Revista Dot co impulso dunha potente campaña de crowdfunding. Será no local de La Estación Coworking ás 20 horas.
GCiencia fala do proxecto de recollida a domicilio dos residuos e compostaxe doméstica posto en marcha en San Sadurniño, de momento de forma experimental en tres parroquias
Google pechará a vindeira semana Google News España por mor da coñecida como 'taxa Google'. Recólleo El Diario
Os colexios públicos están a pagar os comedores cos aforros por mor dos atrasos da Consellería de Educación. Cóntao La Voz
As fundacións do PP reciben máis de 6,5 millóns de euros en subvencións públicas. FAES, presidida por Aznar, é a que máis cartos recibe.
El Diario analiza o Portal de Transparencia, accesible dende hoxe, destacando as moitas dificultades que calquera cidadán pode sufrir á hora de solicitar información