As fundacións do PP reciben máis de 6,5 millóns de euros en subvencións públicas. FAES, presidida por Aznar, é a que máis cartos recibe.
Fálase
El Diario analiza o Portal de Transparencia, accesible dende hoxe, destacando as moitas dificultades que calquera cidadán pode sufrir á hora de solicitar información
A CIG convoca mobilizacións en todas as empresas de gran consumo enerxético. Traballadores de Alcoa, Ferroatlántica, Megasa, SGL Carbón e Celsa concentraranse o 18 de decembro diante das súas fábricas en demanda dunha tarifa eléctrica propia.
Profesionais que loitan contra o ébola, elixidos "persoa do ano" pola revista Time
O Goberno central activa a web do Portal da Transparencia ao abeiro da nova lei, que nace entre críticas polas súas limitacións no acceso á información. O sitio web ten unha versión parcialmente traducida ao galego.
"Grazas" é a palabra gañadora da votación #verbainfame, organizada por Disquecool durante o Culturgal para escoller a verba "máis chunga do galego". Polo referendo pasaron outras como "orzamento" ou invencións como "crisi".
A Xustiza anula a contratación da obra de urbanización do ofimático. A sentenza conclúe que o Concello da Coruña actuou de forma irregular en 2010 ao licitar de forma conxunta o deseño e a construción do aparcamento do polígono. O Gobierno local recorrerá
Jordi Arcarons, Daniel Raventós e Lluís Torrens publican en Sin Permiso un modelo de financiamento da renda básica en España, que provocaría un trasvase de rendas de 35.000 millóns de euros dende os máis ricos aos máis pobres. As rendas máis altas pasarían de pagar o 28% dos seus ingresos a pagar un 42% e acadaríase un nivel de desigualdade -medido a través do índice Gini- semellante ao dos países escandinavos.
Vilar de Santos denuncia a "deixadez e ineficacia" da Xunta ante a súa reclamación por un cobro excesivo de Gas Natural-Fenosa, presentada hai un ano ante Consumo. O alcalde, Xan Jardón, afirma que irá á vía xudicial, na que Coles obtivo unha sentenza favorable para recuperar os cartos sobrefacturados nos últimos cinco anos.
Alcoa segue adiante no seu proceso para despedir 395 traballadores na Coruña e 420 en Avilés e reclámalle ao Ministerio de Industria que actúe modificando as condicións da poxa de interrumpibilidade.