Jordi Arcarons, Daniel Raventós e Lluís Torrens publican en Sin Permiso un modelo de financiamento da renda básica en España, que provocaría un trasvase de rendas de 35.000 millóns de euros dende os máis ricos aos máis pobres. As rendas máis altas pasarían de pagar o 28% dos seus ingresos a pagar un 42% e acadaríase un nivel de desigualdade -medido a través do índice Gini- semellante ao dos países escandinavos.
Fálase
Vilar de Santos denuncia a "deixadez e ineficacia" da Xunta ante a súa reclamación por un cobro excesivo de Gas Natural-Fenosa, presentada hai un ano ante Consumo. O alcalde, Xan Jardón, afirma que irá á vía xudicial, na que Coles obtivo unha sentenza favorable para recuperar os cartos sobrefacturados nos últimos cinco anos.
Alcoa segue adiante no seu proceso para despedir 395 traballadores na Coruña e 420 en Avilés e reclámalle ao Ministerio de Industria que actúe modificando as condicións da poxa de interrumpibilidade.
A coalición Stop TTIP presentou na Comisión Europea o millón de sinaturas recollidas nos últimos dous meses en contra do Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimento. A entrega realizouse coincidindo co cumpreanos do presidente, Jean-Claude Juncker, que se negou a reunirse cos organizadores. Buscan agora chegar aos dous millóns de sinaturas
Os dous candidatos a presidir a CEOE,Juan Rosell e Antonio Garamendi, propoñen novos recortes laborais, desregular o dereito de folga e a negociación colectiva ou máis liberdade para os empresarios para fixar soldos e horarios
A candidatura Claro Que Podemos Madrid, apoiada por Pablo Iglesias e o seu equipo, propón comezar de cero o proceso de confluencia iniciado en Ganemos e que os membros da futura candidatura cidadá asinen o código ético proposto por Podemos.
España é un dos países que "facilitou" as torturas da CIA, segundo o informe do Senado estadounidense que está a debullar The Guardian
O informe do Senado dos Estados Unidos sobre as torturas da CIA na etapa de Bush constata que o servizo de intelixencia norteamericano torturou numerosos prisioneiros con prácticas "brutais" e, ademais, "ineficaces" para a loita contra o terrorismo que supostamente as xustificaba.
O Consello de Informativos de TVE pide a dimisión do director do Canal 24 horas por "comprometer a credibilidade e independencia" da canle coa súa entrevista a Pablo Iglesias, na que considerou que o líder de Podemos está "de noraboa" pola saída do cárcere de membros de ETA.
O CGPJ acorda sacar a concurso a praza de Ruz co aval dunha das vogais do PSOE.