Desborda unha das balsas da mina de Touro e verte ao río Brandelos, segundo denuncia a asociación Aldea Viva. Cóntao Lindeiros.gal.
Fálase
O arcebispado de Santiago convoca un "acto de desagravio" co apóstolo e a virxe do Pilar polo pregón do Entroido, que considera "deplorable". Nun comunicado, a Igrexa lamenta a intervención do actor Carlos Santiago e di que "non é de recibo desprezar" as dúas figuras relixiosas.
17 mortos e medio cento de feridos nun tiroteo nun instituto de Florida, nos EUA. É o terceiro incidente con vítimas mortais en centros educativos estadounidenses neste 2018.
VÍDEO | O líder do PP en Santiago apaña lixo nas beiras do Sar e guíndao á auga para denunciar a contaminación do río e esixir a concreción do proxecto da nova depuradora para paliar a "lamentable" situación. Nós TV recolle o acto protagonizado polo antigo alcalde da cidade e ex-conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. Na pasada década o daquela voceiro conservador no consistorio, Gerardo Conde Roa, bañárase no Sarela para denunciar, igualmente, a súa contaminación.
A folga do persoal de Xustiza en Galicia cumpre unha semana tras suspenderse uns 2.000 xuízos e milleiros de procedementos. O seguimento na xornada deste mércores volveuse situar no 90% e mañá xoves haberá manifestacións nas sete grandes cidades. O acordo segue lonxe logo da última xuntanza entre Xunta e comité de folga.
O Goberno de Rajoy prevé chegar ao remate da lexislatura con prórrogas sucesivas dos orzamentos de 2017. Así o admitiu o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, nunha conversa con xornalistas no Congreso. Cóntao eldiario.es
Un grupo de viandantes pide intervención policial ao sentírense ofendidos polas brincadeiras dos Merdeiros, figura tradicional do Entroido de Vigo. Cóntao Vigoé. Mentres, en Santiago, o PP censurou o contido do pregón do Entroido, interpretado polo actor Carlos Santiago, ao consideralo "ofensivo".
Dimite o xefe de Oftalmoloxía do Hospital de Pontevedra polo colapso na espera para operacións de cataratas. Consulta aquí toda a información
Martín Ríos, suízo de orixe galega, proclámase subcampión olímpico de curling nos Xogos de PyeongChang. O deportista é fillo de emigrados do Carballiño e mantén a familia no Milladoiro.
O PP cae ao seu peor resultado desde as eleccións xerais mentres PSOE e Ciudadanos seguen a subir e Unidos Podemos volve perder votos. Son os resultados dunha enquisa para eldiario.es.