Afectados polas preferentes obrigan a suspender, de novo, o pleno municipal das Neves, que xa fora paralizado hai dúas semanas.
Fálase
O Goberno oculta a débeda con Facenda de Real Madrid e F.C. Barcelona. O Executivo non ofrece resposta ante o Parlamento das cantidades que lles deben á Axencia Tributaria os clubes de Primeira que non son sociedade anónima: Real Madrid, F. C. Barcelona, Athletic Club e Osasuna
O Goberno dispara o gasto en I+D militar mentres conxela o civil. O Executivo reduce de novo a transferencia ás comunidades autónomas, desta vez en case un 14%.
A Garda Civil irrompeu na sede de Eusko Alkartasuna en Bilbao. Fíxoo, segundo recolle Naiz, por "equivocación" no marco da redada que desenvolve contra o movemento Herrira, de apoio a presos.
O Sergas disponse a iniciar o proceso de dixitalización das historias clínicas. Gastará ata 43,5 millóns de euros en contratar unha empresa que realice o traballo.
As pensións só subirán un 0,25% en 2014, o mínimo previsto na nova reforma do Goberno, segundo se recolle no proxecto de orzamentos. A débeda pública chegará ao 99% do PIB.
A OSCE repróchalle ao Goberno de España a expulsión da súa delegación para supervisar a manifestación convocada co lema Jaque al rey. A organización internacional dubida das garantías do dereito á libre manifestación no Estado. Nota da OSCE e análise de Espía en el Congreso
Varios detidos nunha operación contra a organización de presos de ETA. As sedes de Herrira están sendo rexistradas.
A Xunta inicia os trámites para declarar Ben de Interese Cultural a colección artística de Novagalicia Banco. Resta iniciar dous expedientes máis: o da colección da Fundación Novacaixagalicia e o do fondo documental das antigas caixas.
Dez autonomías non aplicarán o novo copago farmacéutico. Galicia será unha das que si acatará as ordes do Goberno.