A Xunta inicia os trámites para declarar Ben de Interese Cultural a colección artística de Novagalicia Banco. Resta iniciar dous expedientes máis: o da colección da Fundación Novacaixagalicia e o do fondo documental das antigas caixas.
Fálase
Dez autonomías non aplicarán o novo copago farmacéutico. Galicia será unha das que si acatará as ordes do Goberno.
O Concello da Coruña promociona en castelán na súa web as actividades da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a infancia.
A Plataforma de Afectados polas Hipotecas de Vigo convoca unha nova concentración, este martes ás 11 horas, no cruce das ruas Policarpo Sanz e Colon. Denuncian "a actitude dos bancos" coas persoas afectadas polos desafiuzamentos.
Bruxelas examinará por primeira vez o borrador dos Orzamentos para comprobar se se cumpren os límites de deficit e poderá esixir cambios.
O Telediario de TVE non informou até o minuto 28 das masivas mobilizacións educativas en Baleares, que reuniron cen mil manifestantes en Palma. Dedicoulle máis tempo a unha reportaxe sobre o Tíbet.
Este mércores o primeiro ministro italiano, Enrico Letta, buscará a confianza do Parlamento, ante o desafío de Berlusconi. Giorgio Napolitano asegura que “só ante a imposibilidade de formar Goberno" se convocarán novas eleccións, sete meses despois dos últimos comicios.
Castigo para o PSD e Passos Coelho nas eleccións municipais portuguesas. Perden as alcaldías máis importantes do pais e caen dez puntos. O PS sobe e convértese na forza máis votada e o PCP tamén obtén uns magníficos resultados, cun 11,09% dos votos e recuperando Beja, Évora ou Loures.
Portugal elixe os seus alcaldes nas eleccións locais. As primeiras sondaxes dan a vitoria a António Costa (PS) en Lisboa e a Rui Moreira (independente) no Porto.
O Coruxo dá a sorpresa, gaña en Oviedo (0-1) e mantense na parte da alta da táboa de Segunda B.