Axentes da Policía Nacional tentan impedir que as televisións graven unha protesta sindical ante o Congreso dos Deputados. En RTVE
Fálase
Berta Dávila gaña o XV Premio de Poesía Johán Carballeira polo seu traballo Raíz da fenda
15 antidisturbios efectuaron esta mañá en Ferrol o desafiuzamento dunha muller e o seu fillo de catro anos que onte un grupo de veciños e veciñas conseguira evitar. Rebentaron a porta da casa e cortaron as cadeas coas que Yolanda se atara ao balcón. Concelleiros de EU e BNG están mediando no Concello (na imaxe) para que obteña unha vivenda provisional.
PP y CiU pactan eliminar o contrato con despido gratuíto gratis (o contrato de emprendedores, que permitía periodo de proba dun ano) cando o paro baixe do 15%
#consellodaxunta Feijóo insta a Pachi Vázquez a superar o "déficit de madurez" e censúrao por "mentir" ao acusalo de falsear as contas non pagando facturas no último trimestre de 2011. "É unha mentira maiúscula", asegura o presidente, que non cre que Vázquez sexa "tan indocumentado" e ínstao a "rectificar".
#consellodaxunta A Xunta crea unha comisión mixta co Concello de Santiago para delegar no goberno local as competencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no referente á zona histórica da capital de Galicia.
#consellodaxunta Feijóo dá por "pechado" o acordo dos estaleiros galegos coa petroleira mexicana Pemex. Asinarase esta tarde e suporá a construción de "catorce remolcadores, sete en estaleiros galegos e outros sete en colaboración con estaleiros mexicanos".
#consellodaxunta O Goberno galego inicia os trámites da Lei de Telecomunicacións. Os operadores de telefonía "estarán obrigados" a compartir as súas infraestruturas
CCOO e UGT concentráronse onte á noite nas sete cidades galegas contra a reforma laboral. E volverán facelo hoxe ao mediodía, ás 12.
O PNV pide que, ademáis do himno de España, soen o vasco e o catalán na final de Copa