Santiago Cortegoso (premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais), Antón Cortizas (premio Manuel María de literatura dramática infantil), Andrea Bayer (premio Barriga Verde de textos para monicreques para nenos e nenas) e Xavier Lama (na modalidade de adultos), recoñecidos na edición 2014 dos galardóns de literatura dramática convocados por Agadic
Fálase
O PP comeza o pleno do Parlamento negándose a que Feijóo compareza sobre a trama Zeta. O presidente da Xunta asegurou estar disposto a comparecer "todas as veces que se queira", pero os conservadores acumulan xa máis de 40 vetos.
Varios detidos nunha nova operación contra a corrupción en Andalucia. A Garda Civil rexistra a Deputación de Sevilla pero o dispositivo espállase a outras provincias andaluzas e de España.
A moratoria do Goberno contra os desafiuzamentos case non tivo efecto ningún. Permitiu atrasar 10.000 despexos, pero desde xaneiro de 2013 contabilizáronse máis de 100.000 desaloxos.
Anova reivindica a unión con Podemos e IU como única opción para vencer a Feijóo. "A resposta será conxunta ou non poderá ser", di Martiño Noriega, que chama tamén o BNG a unha unión da "esquerda rupturista".
Bruxelas cre agora "ineficaz e inxusto" o recorte salarial en España. A Comisión Europea critica sobre todo a baixada de soldos nos empregados con contrato temporal, que caeron un 20% desde 2008.
Dorribo entra na cadea logo de cinco meses sen presentarse ante a Xustiza. Existe risco de fuga do líder da trama Campeón, segundo aclara o TSXG.
Un modelo numérico elaborado polo experto en oceanografía Pablo Otero limita a 24 horas a marxe para evitar unha catástrofe en Cíes por unha vertedura no mar
Agora Voting, a ferramenta de votación electrónica de software libre empregada por Podemos, busca financiamento e interesar a outras organizacións.
Emilio Rodríguez Blanco, recoñecido co premio Juana de Vega de Arquitectura. O xurado valorou o traballo realizado nunha vivenda unifamiliar en Arderís