A moratoria do Goberno contra os desafiuzamentos case non tivo efecto ningún. Permitiu atrasar 10.000 despexos, pero desde xaneiro de 2013 contabilizáronse máis de 100.000 desaloxos.
Fálase
Anova reivindica a unión con Podemos e IU como única opción para vencer a Feijóo. "A resposta será conxunta ou non poderá ser", di Martiño Noriega, que chama tamén o BNG a unha unión da "esquerda rupturista".
Bruxelas cre agora "ineficaz e inxusto" o recorte salarial en España. A Comisión Europea critica sobre todo a baixada de soldos nos empregados con contrato temporal, que caeron un 20% desde 2008.
Dorribo entra na cadea logo de cinco meses sen presentarse ante a Xustiza. Existe risco de fuga do líder da trama Campeón, segundo aclara o TSXG.
Un modelo numérico elaborado polo experto en oceanografía Pablo Otero limita a 24 horas a marxe para evitar unha catástrofe en Cíes por unha vertedura no mar
Agora Voting, a ferramenta de votación electrónica de software libre empregada por Podemos, busca financiamento e interesar a outras organizacións.
Emilio Rodríguez Blanco, recoñecido co premio Juana de Vega de Arquitectura. O xurado valorou o traballo realizado nunha vivenda unifamiliar en Arderís
Ángel Currás deixa o Concello de Santiago para reincorporarse á docencia, segundo adianta La Voz, despois de que o PP recuase e non o vaia colocar como delegado de Tragsa en Galicia. O consistorio compostelán chegará ás municipais co 60% do seu goberno non elixido pola veciñanza.
Este luns, xornada posterior ao #9N, Feijóo pronuncia unha conferencia en Barcelona dentro do ciclo La hora de la política, que organiza o Cercle d'Economía
O líder da trama corrupta pagaba 300 euros ás súas sedes ficticias para apañar subvencións.