Ángel Currás deixa o Concello de Santiago para reincorporarse á docencia, segundo adianta La Voz, despois de que o PP recuase e non o vaia colocar como delegado de Tragsa en Galicia. O consistorio compostelán chegará ás municipais co 60% do seu goberno non elixido pola veciñanza.
