A Fiscalía oponse a xulgar o caso Someso, aberto polo Tribunal de Contas, alegando que seguen vixentes os acordos municipais aprobados polo ex alcalde Francisco Vázquez
Fálase
Pescanova gaña máis de 1.600 millóns en 2014, fronte aos números vermellos do ano anterior, segundo vén de informar a compañía á CNMV este luns.
ICV e EUiA aproban a súa integración en Guanyem Barcelona e únense así ao aval de Podemos e Procés Constituent para conformar unha candidatura unitaria ao Concello barcelonés.
Bruxelas medita disolver a troika como concesión a Grecia. A Comisión Europea ofrecerá facilidades se o goberno heleno cumpre os seus compromisos.
A Xunta exixe a 3.800 empresas a devolución de 18,6 millóns en axudas por non crear ou manter o emprego. As firmas perceptoras incumpriron os obxectivos de contratar ou manter o cadro de persoal.
Os candidatos a liderar Podemos defenden Galicia como nación, segundo as resposta a unha entrevista común en El País. Dous ex afiliados de Galiza Nova aspiran a liderar a formación no país.
O PP remonta e consolídase como primeira forza, segundo unha enquisa para eldiario.es. O PSOE sería segundo nas vindeiras eleccións xerais, seguido de Podemos, que obtería máis do 20% dos votos. O BNG mantería representación no Congreso.
Hoxe faise un ano do Tren da Liberdade, a mobilización a prol do dereito ao aborto que encheu as rúas de Madrid o 1 de febreiro de 2014 para rexeitar a contrarreforma do Goberno central. O documental Yo decido. El tren de la libertad lembra o acontecido naquela xornada.
A porcentaxe de mulleres nas reais academias do Estado non chega ao 10%. Cóntao El Diario
O Concello de Lalín destina 100.000 euros a iniciar a construción do 'Parque do Cocido'. Terá "xogos de grelos, unha pota xigante" e "algún porco", di o alcalde, que nega que a obra sexa electoralista. Recólleo Faro de Vigo