PP e Ciudadanos revisan este martes o seu pacto de investidura de Rajoy, do que os populares non prevén cumprir os principais puntos en materia que os de Rivera defenden como "rexeneración democrática", como a limitación de mandatos.

PP e Ciudadanos revisan este martes o seu pacto de investidura de Rajoy, do que os populares non prevén cumprir os principais puntos en materia que os de Rivera defenden como "rexeneración democrática", como a limitación de mandatos.
A Deputación de Pontevedra propón á Xunta unha comisión mixta para transferir competencias do ente provincial ao Goberno galego. Foi un dos asuntos abordados na xuntanza de Carmela Silva e César Mosquera co presidente e o vicepresidente do Executivo.
O narco Marcial Dorado sae de prisión por primeira vez en oito anos. O xuíz de Vixilancia Penitenciaria outórgalle catro días de permiso co informe favorable da prisión pero contra o criterio do fiscal antidroga. É o primeiro paso para que Dorado obteña o terceiro grao, que lle foi denegado polo maxistrado en 23 ocasións dende que en 2013 se fixese pública a súa antiga amizade con Alberto Núñez Feijoo.
DOCUMENTO | A Eurocámara pide por escrito á comisaria de Transportes da UE "unha investigación exhaustiva e independente" sobre Angrois. Certifica así a solicitude formulada tras escoitar as vítimas do accidente na Comisión de Peticións. (preme na imaxe para ampliala)
O tabaquismo pasivo reduciuse en case 30 puntos dende a entrada en vigor da reforma da lei do tabaco en 2011, segundo un estudo que vén de publicar o Instituto Catalán de Oncoloxía
Fregueses de Friol disfrázanse de curas e monxas para protestaren polo traslado do seu párroco, decisión do bispado contra a que se veñen mobilizando dende hai semanas. Recolleuno a TVG.
O PP pide á Audiencia que lle devolva os 1,2 millóns que tivo que depositar polo caso da súa caixa B. Cóntao eldiario.es
#Oscars Moonlight e La La Land triunfan nunha cerimonia dos Oscar marcada polo erro na entrega do galardón ao mellor filme. Consulta aquí a lista íntegra de persoas e películas premiadas.
Esta noite celébrase a cerimonia de entrega dos Oscar, que se poderá seguir a partir das 2.30 da madrugada (hora española), con La La Land como gran favorita. Consulta aquí o especial de eldiario.es
CTXT analiza o escenario político aberto en Ecuador ante a segunda volta das eleccións presidenciais, que se celebrarán o 2 de abril, e á que Lenin Moreno (Alianza País) e o dereitista Guillermo Lasso chegan con apoios moi igualados