Crece o número de unidades de poboación deshabitadas en Galicia, especialmente en Ourense, onde pasaron de ser 252 en 2010 a 321 en 2014.
Fálase
Galicia perde poboación por sexto ano consecutivo e retrocede a niveis de 2000. En 2014 rexistrou 16.348 habitantes menos que en 2013. A metade do descenso debeuse á saída de poboación estranxeira cara a outros territorios
A investigación de Acuamed diríxese a un colaborador de Sáenz de Santamaría, actual subsecretario de Presidencia e ata xuño presidente do Consello de Administración da empresa.
No PP barállase a posibilidade de que Rajoy deixe que Pedro Sánchez intente ser investido en primeiro lugar, destaca El Periódico, á vista de que o candidato do PP non conta cos apoios suficientes.
A CIG acusa o Sergas de poñer atrancos a unha embarazada para examinarse. A central pide que se permita realizar o examen a unha aspirante co parto previsto para o día da convocatoria.
O BNG pon en marcha o sitio web na XV Asemblea Nacional, no que centralizará a información do proceso. O plenario celebrarase o 28 de febreiro.
A Mesa bota abaixo os grupos de ERC-Bildu-IU e de Compromís cos votos de Ciudadanos e do PP. A formación laranxa recoñece que a lei o permite pero "o espírito" dela non.
Unha viguesa grava e difunde as dificultades que padece a diario para entrar en cadeira de rodas no hospital Álvaro Cunqueiro. O vídeo, compartido máis de mil veces en Facebook, foi visto xa máis de 35 mil veces.
O alcalde de Miño -Ricardo Sánchez Oroza- e o PP ultiman a negociación para un pacto de goberno, destaca La Opinión. O rexedor goberna sen máis apoios que el mesmo dende as eleccións de maio.
Europa dálles as costas aos refuxiados. Médicos Sen Fronteiras cualifica de "fracaso catastrófico" a xestión europea. Os gobernos endurecen as súas políticas mentres o reparto dos asignados estáncase, xusto cando chega o peor do inverno.