O BNG pon en marcha o sitio web na XV Asemblea Nacional, no que centralizará a información do proceso. O plenario celebrarase o 28 de febreiro.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/569f9c5e5d130-asembleabloque.jpg)
O BNG pon en marcha o sitio web na XV Asemblea Nacional, no que centralizará a información do proceso. O plenario celebrarase o 28 de febreiro.
A Mesa bota abaixo os grupos de ERC-Bildu-IU e de Compromís cos votos de Ciudadanos e do PP. A formación laranxa recoñece que a lei o permite pero "o espírito" dela non.
Unha viguesa grava e difunde as dificultades que padece a diario para entrar en cadeira de rodas no hospital Álvaro Cunqueiro. O vídeo, compartido máis de mil veces en Facebook, foi visto xa máis de 35 mil veces.
O alcalde de Miño -Ricardo Sánchez Oroza- e o PP ultiman a negociación para un pacto de goberno, destaca La Opinión. O rexedor goberna sen máis apoios que el mesmo dende as eleccións de maio.
Europa dálles as costas aos refuxiados. Médicos Sen Fronteiras cualifica de "fracaso catastrófico" a xestión europea. Os gobernos endurecen as súas políticas mentres o reparto dos asignados estáncase, xusto cando chega o peor do inverno.
Podemos e as confluencias marcan distancias co PSOE trala negativa dos socialistas a aceptar grupos independentes para cada candidatura.
Realízase en Guadalajara a primeira exhumación dun asasinado no franquismo ao abeiro da querela arxentina, impulsada polo galego Darío Rivas.
Este martes ás 19.30 terá lugar na Coruña o Foro Cidadán, que servirá para presentar os primeiros resultados do proceso participativo posto en marcha polo Concello no marco da iniciativa A Porta Aberta. O Goberno municipal delimitará os distritos da cidade a partir dos 201 barrios definidos polas persoas que interviron.
InfoLibre destaca que Amancio López Seijas, empresario hoteleiro de Chantada, propietario do grupo Hotusa e amigo persoal de Rajoy, "estendeu o seu imperio coa xestión de hoteis de propiedade pública en Galicia e Asturias". A información lembra, por exemplo, que a Deputación de Pontevedra pagou 21 millóns de euros polas catro Pousadas do Salnés cuxa apertura leva ano e medio de atraso. Ou que só este verán a Xunta recuperou a xestión do complexo do Monte do Gozo, tras 22 anos de abandono.
O avogado xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea considera ilegal o canon dixital aprobado polo PP en 2012; critica que a compensación aos titulares dos dereitos de autor se calcule a priori. Este posicionamento non implica unha sentenza, pero os xuíces do tribunal adoitan seguir as súas opinións as máis das veces.