António Guterres comezará a exercer como secretario xeral da ONU o vindeiro 1 de xaneiro. O ex-primeiro ministro portugués prometeu o cargo cun chamado á paz, ao "desenvolvemento sostible" e ás reformas na estrutura da organización. Guterres mantivo unha fluída relación con Galicia durante a súa etapa á fronte do Goberno de Portugal.
Fálase
En marcha os preparativos para o Galicia-Catalunya de fútbol feminino do vindeiro día 22. A Federación Galega de Fútbol vén de presentar o cartel do partido, que se xogará no campo da Lomba, en Vilagarcía, con entradas a 5 euros.
Albino Prada publica na web de ATTAC Unha proposta sobre o déficit na caixa das pensións. O economista aposta por facer que as empresas acheguen máis ao financiamento da protección social, pero que o fagan de forma proporcional ao conxunto do seu valor engadido en non en función do seu persoal, beneficiando así as compañías que son intensivas en emprego
O presidente do Celta, Carlos Mouriño, apunta ante a Xunta de Accionistas a opción de construír outro estadio en Vigo por 50 millóns de euros, ante a posibilidade de que o Concello non lle venda Balaídos.
España é o segundo país da UE con máis policías por habitante a pesar de ter unha baixa taxa de criminalidade. Duplica, por exemplo, o número de axentes por habitante de Alemaña ou Reino Unido
O PP busca o apoio de Ciudadanos para impedir a suba das pensións nun 1,2% pedida pola oposición ao completo. A Mesa do Congreso debate este martes este e outros vetos do Goberno a medidas aprobadas polo poder lexislativo.
A detención de tres persoas acusadas de queimar fotografías de Felipe VI provocou manifestacións nas principais cidades e vilas de Cataluña, onde se repetiron as mesmas accións. Deputadas da CUP, que pediron a dimisión do conseller de Interior, racharon fotos do monarca no Parlament
O presidente da federación madrileña do PSOE e alcalde de Fuenlabrada, Manolo Robles, apadriña un acto no que 400 militantes do partido criticaron a xestora da formación e reclamaron a convocatoria inminente dun congreso
O Estado rescatará as oito autoestradas quebradas por ata 5.000 millóns. Así o ratificou este luns o ministro de Fomento, nunha entrevista en TVE, ao ser cuestionado por estas vías, seis delas en Madrid, e outras dúas en Alacant e Murcia. Faino unha semana despois de certificar a negativa ao traspaso da AP-9 a Galicia, que o Goberno central rexeita pola posibilidade dun eventual rescate.
Un accidente entre dous camións en Guísamo colapsou a AP-9 a primeira hora desta mañá na zona e provocou enormes ringleiras tamén na N-550.