O DOG publica este mércores os festivos locais dos concellos galegos para o vindeiro ano.
Fálase
Nunca Máis recorrerá a sentenza do Prestige ante o Supremo. A información, esta mañá en Praza.
O BOE publica este mércores o calendario laboral de 2014, cos días festivos do vindeiro ano. Refírese ao Día Nacional de Galicia, pero tamén ao Día de las Letras Gallegas.
A Xunta procedeu de novo a baleirar a lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, provocando, segundo denuncia ADEGA, a degradación dun dos 5 humidais galegos de importancia internacional. Os traballos realízanse sen o pertinente Plan de Conservación do espazo, que o Goberno asegura que sairá a semana que vén a información pública.
A ferramenta xeoPesca, desenvolvida por Pablo Belay, entre as máis votadas para os Premios Portalprogramas ao mellor software libre
As persoas promotoras da iniciativa Android en galego manteñen esta mañá a súa primeira xuntanza con Google para tentar que o seu sistema operativo para dispositivos móbiles sexa traducido ao noso idioma.
El Diario entrevista o voceiro de Sortu, Joseba Permach, mentres é xulgado polo caso das 'herriko tabernas'. O dirixente abertzale amósase convencido de que a sentenza sobre a doutrina Parot sería outra se ETA seguise a matar.
Un 4% das adolescentes recoñecen que sufriron agresións machistas, segundo un estudo do Ministerio de Sanidade que recolle El Diario
Política Lingüística admite un retroceso nas competencias do alumnado en lingua galega pero desvicúlao do decreto plurilingüe. Cóntao Faro de Vigo
A Xunta expedienta a Fenosa por cobrar cinco millóns irregularmente. Cóntao El País