A Xunta procedeu de novo a baleirar a lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, provocando, segundo denuncia ADEGA, a degradación dun dos 5 humidais galegos de importancia internacional. Os traballos realízanse sen o pertinente Plan de Conservación do espazo, que o Goberno asegura que sairá a semana que vén a información pública.
