O BNG lanza a segunda entrega da súa serie #feijóomentirán, sobre os "incumprimentos" do Goberno galego, neste caso dedicada á lei de dependencia e aos servizos sociais
Fálase
Esperanza Aguirre anuncia a súa dimisión como presidenta da Comunidade de Madrid "por razóns persoais". Ignacio González ocupará o cargo en funcións até a celebración dunha nova sesión de investidura. Aguirre afirma que o cancro que sufriu é un dos factores que máis inflúe na súa decisión e salienta que "non abandono a política, vou pasar a segunda fila".
Apupos e asubíos a Wert, Cospedal e os Príncipes na inauguración do curso. Nun acto en Toledo, os manifestantes criticaron os recortes ao berro de "máis educación, menos corrupción".
O PSdeG resposta ás advertencias de Feijóo en torno a un suposto "desgoberno" na Xunta se o PP perde a maioría absoluta. "Referirase a se ten que pactar con Mario Conde", retruca o secretario de organización dos socialistas, Pablo García
Nova protesta da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contra os recortes. Varias persoas maniféstanse ante a Consellería de Educación no comezo do curso en Secundaria. Imaxe de @CIG-Ensino.
Gloria Lago despídese de Bieito Lobeira no seu blog. A voceira de Galicia Bilingüe salienta que "lleva un montón de años en el Parlamento azotando con su lengua de látigo a quienes osan cuestionar su dogma lingüístico".
Tres sindicalistas detidos en Madrid por incidentes na folga ferroviaria. Os disturbios tiveron lugar na estación de Atocha da capital de España.
O programa de Jordi Évole Salvados, que incluia unha entrevita a Julio Anguita, éxito en internet con cinco hashtags convertidos en trending topic e en televisión con case tres millóns de espectadores
O Diario Oficial de Galicia publica este luns os cesamentos dos altos cargos da Xunta que pasan a formar parte das listas do PP
Os catro principais diarios impresos editados en Madrid (El País, El Mundo, ABC e La Razón) levan este luns ás súas primeiras páxinas a fotografía dunha corrida de touros celebrada en Francia, o que está a suscitar diversas críticas nas redes sociais.