Tres sindicalistas detidos en Madrid por incidentes na folga ferroviaria. Os disturbios tiveron lugar na estación de Atocha da capital de España.
Fálase
O programa de Jordi Évole Salvados, que incluia unha entrevita a Julio Anguita, éxito en internet con cinco hashtags convertidos en trending topic e en televisión con case tres millóns de espectadores
O Diario Oficial de Galicia publica este luns os cesamentos dos altos cargos da Xunta que pasan a formar parte das listas do PP
Os catro principais diarios impresos editados en Madrid (El País, El Mundo, ABC e La Razón) levan este luns ás súas primeiras páxinas a fotografía dunha corrida de touros celebrada en Francia, o que está a suscitar diversas críticas nas redes sociais.
Unha sondaxe da Cadena Ser afirma que a metade dos españois aposta por limitar ou eliminar as competencias das comunidades autónomas. PP (31%) e PSOE (25%) perderian en conxunto quince puntos. UPyD (13%) e IU (11.3%) subirian con forza
Ernest Maragall replica o secretario xeral do PSC, Pere Navarro, que "Catalunya quere ser libre e forte". Villaweb analiza o descenso experimentado polos socialistas en Catalunya dende quen en 1999 Pasqual Maragall obtivera o 47% dos votos até as sondaxe actuais que lle outorgan menos do 20%.
O presidente da Asociación de Traballadores Autónomos, Lorenzo Amor, afirma nunha entrevista que "os autónomos están cabreados" e denuncia que volver haber 5.000 millóns de débeda das administracións aos seus proveedores
Os traballadores de Renfe están levando a cabo unha folga todo este luns en protesta polos plans de liberalización do sector e a prevista privatización de parte da compañia
O PSdeG multiplica a súa precampaña e envía os seus candidatos a máis de 50 actos por todo o país. En Pedrafita a cabeza de lista por Lugo, Concepción Burgo, tivo o apoio de José Blanco, que se estrea na precampaña sinalando que "por primeira vez a dereita ten dous candidatos en Galicia" e afirmando que detecta "pulsión de cambio", a cal chamaa a concentrar nos socialistas.
Cinco activistas do Comité para a Liberación de Ceuta e Melilla chegan a nado ao illote Laila (Perejil, en castelán) e izan nel a bandeira de Marrocos. En 2002 a ocupación da illa por parte de militares marroquinos deu lugar a un dos incidentes máis lembrados do Goberno de José María Aznar.