Un alto cargo de Montoro falsea o seu currículo logo de plaxiar múltiples autores nun libro académico. O director do Instituto de Estudos Fiscais atribúese unha cátedra da UNED que non existe.
Fálase
O Estado pide 105 millóns á UE para levar o tren ao porto exterior de punta Langosteira. A conexión ferroviaria custará 141 millóns.
Un xefe policial admite que aireou datos dunha testemuña da Pokémon. O comisario local de Ferrol asegura que a súa detención "non estivo acertada".
Dimite a ministra de Sanidade, Ana Mato, tras considerar o xuíz Ruz que se "lucrou" coa trama Gürtel. A popular di que deixa o posto para que a súa "permanencia" non sexa "utilizada para prexudicar o Goberno de España, o seu presidente nin tampouco ao PP".
A presidenta do Parlamento expulsa o deputado de AGE Juan Fajardo e sanciónao por "desorde grave" durante unha semana. Fajardo ten suspendidos todos os seus dereitos como deputado ata o remate do pleno do vindeiro día 2.
A policía pídelle as chaves á familia que será desaloxada na Coruña polo Ofimático. O desafiuzamento está previsto para mañá xoves a partir das nove. Hoxe haberá unha nova concentración ás oito da tarde.
O FROB desvincula as operacións irregulares en NCG dos partidos políticos. Asegura que a maioría de irregularidades correspóndense a operacións inmobiliarias.
O médico Denis Mukwege recolle no Parlamento Europeo o Premio Sakharov polo seu labor na defensa das mulleres vítimas de violencia sexual na República Democrática do Congo. "Os corpos das mulleres tornaron nun verdadeiro campo de batalla", dixo na Eurocámara.
O analista Carlos Neira lanza no seu blog, Calidonia, lanza unha enquisa na Rede sobre as candidaturas cidadás nos concellos galegos. A bitácora de Carlos Neira pretende "recoller de forma sintética e cuantitativa o parecer de todas aquelas persoas preocupadas co tema" para logo elaborar un informe.
Chévere, galardoado co Premio Nacional de Teatro. O xurado destacou a súa capacidade de transgredir xéneros e a súa vertente humorística e participativa "sempre conectada coa realidade social e económica", destacando por exemplo as súas tres obras máis recentes: Citizen, Eurozone e Ultranoite no País dos Ananos. Máis información, nuns minutos en Praza.