A galega Verónica Boquete, campiona de Europa de fútbol tras impoñerse co Frankfurt ao PSG por 2-1

A galega Verónica Boquete, campiona de Europa de fútbol tras impoñerse co Frankfurt ao PSG por 2-1
A Xunta Electoral ordena retirar estelades dos espazos públicos en Cataluña. Cre que son "incompatibles coa obriga de neutralidade dos poderes públicos".
Verónica Boquete disputa en media hora a final da Liga de Campións co Fránkfurt ante o PSG. É a súa segunda final consecutiva, logo de caer na do ano pasado co Tyresö sueco.
Montse Dopico analiza en Público o auxe das mareas en Galicia, que ameazan a hexemonía do PP, e a reconfiguración da esquerda galega ante estas eleccións municipais.
Negreira volve negarse a debater cos candidatos á alcaldía na Coruña. Desta vez rexeitou participar no faladoiro que este domingo organiza Radio Coruña-Cadena SER, logo de denegar varias veces convites como o da Asociación da Prensa.
Wert asegura que a situación do castelán en Cataluña é coma a do catalán no franquismo e provoca a indignación no Congreso, aínda que logo rectifica. CiU acusa o ministro de "perseguir" de xeito "enfermizo" o idioma.
San Luís pechará dúas das súas tendas en Galicia, ademais das de Madrid. O establecemento de Ferrol cesará a súa actividade o vindeiro sábado e outro máis do país fechará en xuño.
Máis de 140.000 galegos deixaron de comprar menciñas por non poder pagalas. Galicia é a sexta comunidade onde máis persoas alegan causas económicas para non mercar fármacos.
A Marea Atlántica supera xa o PSOE na Coruña, segunda a enquisa diaria de La Voz, que dá máis apoio a Compostela Aberta. Caballero e Rey Varela obterían maioría absoluta en Vigo e Ferrol.
A Xunta Electoral apercibe por segunda vez nunha semana o Concello de Santiago por uso electoralista da web municipal. Desta volta a XEZ atende unha denuncia do PSdeG e insta o goberno de Agustín Hernández a retirar da web municipal unha nova sobre promesas do alcalde para a rúa Fonte dos Concheiros por infrinxir a lei electoral.