A Marea Atlántica supera xa o PSOE na Coruña, segunda a enquisa diaria de La Voz, que dá máis apoio a Compostela Aberta. Caballero e Rey Varela obterían maioría absoluta en Vigo e Ferrol.

A Marea Atlántica supera xa o PSOE na Coruña, segunda a enquisa diaria de La Voz, que dá máis apoio a Compostela Aberta. Caballero e Rey Varela obterían maioría absoluta en Vigo e Ferrol.
A Xunta Electoral apercibe por segunda vez nunha semana o Concello de Santiago por uso electoralista da web municipal. Desta volta a XEZ atende unha denuncia do PSdeG e insta o goberno de Agustín Hernández a retirar da web municipal unha nova sobre promesas do alcalde para a rúa Fonte dos Concheiros por infrinxir a lei electoral.
A Xunta anuncia que se dispón a redirixir todos os seus sitios web aos enderezos co dominio .gal. O Goberno dispón do .gal dende o seu inicio, no Día Nacional de Galicia de 2014.
O candidato de Ciudadanos en Vigo renuncia e a número 2 será a cabeza de lista da formación. Alega problemas "persoais" para a súa dimisión "irrevogable".
Bruxelas exixe dous anos máis de recortes e axustes a España para cumprir cos obxectivos de déficit, malia que o Goberno central dera por finalizada a etapa de austeridade.
Atacan por terceira vez o vehículo da irmá do deputado de AGE Juan Fajardo, desta volta cunha pintada coa lenda "mierda comunista". Todos os grupos solidarizáronse co deputado durante a comisión de Pesca do Parlamento, celebrada esta mañá.
A web do congreso #InLugo15 ofrece a crónica, as imaxes e a repercusión en redes do congreso, celebrado a pasada fin de semana en Lugo e no que participou Praza Pública.
O Brasil multa a Zara con 246.000 euros por irregularidades laborais nos seus provedores. A empresa xa tivo que comprometerse en 2011 a investir 1,4 millóns para acabar coas prácticas irregulares das subcontratas.
A banca ética multiplica por seis os seus depósitos dende o inicio da crise no Estado. Cóntao Eldiario
Negreira di agora estar aberto a pactar co PSOE no goberno da Coruña no caso de non obter maioría absoluta. Díxoo nunha entrevista en V Televisión