A Filarmónica de Viena vén de abrir os seus arquivos a tres historiadores, deixando á luz a súa época máis escura, a da colaboración cos nazis. Cóntao unha reportaxe do xornal portugués Público.
Fálase
A CNMV abre unha investigación a Pescanova por posible abuso de mercado. O regulador ve "posíbeis indicios de compartamentos de abuso de mercado por parte da compañía, dos seus administradores ou de terceiras persoas". O comunicado oficial do regulador pódese consultar aquí
As eleccións ao Parlamento Europeo celebraranse o 25 de maio de 2014. É posible que esa sexa tamén a data escollida para a celebracion do referendo de autodeterminación en Catalunya.
WhatsApp desiste do seu intento de cobrar 80 céntimos anuais polo servizo en Android por mor da presión da competencia.
Afectados polas preferentes péchanse no Concello de Ferrol. Unhas trinta persoas permanecerán encerrados ata mañá martes para rexeitar a quita e o troco por accións. Imaxe de @pedrocanido.
O xuíz imputa os principais empresarios de España por suposto financiamento ilegal do PP. Gómez Bermúdez quere saber se pagaron ao partido a cambio de adxudicacións de obras e contratos públicos.
O presidente da Xunta foi increpado esta mañá en Madrid por membros da Plataforma de Afectados por la Hipoteca, que agardaban polos dirixentes do PP que acudían á conferencia de María Dolores de Cospedal no hotel Ritz. Terra Noticias ofrece un vídeo da protesta.
Unha petición en change.org demándalle a Gadis que "non tire comida aproveitable" e que a doe a entidades que axudan a persoas sen recursos.
Un vídeo desmonta a versión oficial sobre o choque dunha patrulleira cunha patera, segundo conta a Cadena Ser. A Garda Civil embestiu a embarcación que ocupaban 25 inmigrantes, dos que un morreu e seis permanecen desaparecidos.
Convócase un novo acto para pedir o indulto de David Reboredo. Será este xoves na Praza da Constitución de Vigo, onde a partir das 20.30 horas iluminaranse con fachos e velas os principais artigos da Constitución que recollen os dereitos de igualdade e xustiza para todos os cidadáns.