Unha petición en change.org demándalle a Gadis que "non tire comida aproveitable" e que a doe a entidades que axudan a persoas sen recursos.
Fálase
Un vídeo desmonta a versión oficial sobre o choque dunha patrulleira cunha patera, segundo conta a Cadena Ser. A Garda Civil embestiu a embarcación que ocupaban 25 inmigrantes, dos que un morreu e seis permanecen desaparecidos.
Convócase un novo acto para pedir o indulto de David Reboredo. Será este xoves na Praza da Constitución de Vigo, onde a partir das 20.30 horas iluminaranse con fachos e velas os principais artigos da Constitución que recollen os dereitos de igualdade e xustiza para todos os cidadáns.
O xuíz Gómez Bermúdez admite a trámite a querela de IU contra o PP polos papeis de Bárcenas. Esíxelle ao PP as doazóns recibidas entre 2000 e 2009 e aos empresarios a relación de adxudicacións de administracións controladas polos conservadores na mesma época.
A Mesa, o Ciemen e Kontseilua proporán mañá en Madrid “unha alianza entre as comunidades lingüísticas galega, catalá e vasca” para lle facer fronte á "Lei da Wertgoña".
O ex presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, renuncia á medalla de ouro da cidade de Vigo despois de que o pleno municipal da cidade resolvese que se fose retirada.
A Troika vaille dar un ano máis a Portugal -até 2015- para cumprir a esixencia de déficit do 3%
A RAG anuncia que presentou recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG que estimaba en parte os seus argumentos contra o decreto de plurilingüismo. Di que o retirará se a Xunta acepta negociar e volver ao consenso lingüistico.
Os salarios baixaron un 4% de media no cuarto trimestre de 2012. Boa parte do recorte débese ao recorte salarial do 19% que sufriron os funcionarios.
Mar Barcón publica un artigo na web de Novo Socialismo Galego na que defende o "municipalismo", que "foi un marco privilexiado onde recrear as políticas de xustiza e cohesión social e converteuse na primeira barreira fronte á exclusión e á desigualdade".