O Celta cae en Vallecas (3-2) malia adiantarse 0-2 con goles de Iago Aspas. O Rayo remontou logo de que os vigueses quedaran con dez tras a expulsión de Cabral.

O Celta cae en Vallecas (3-2) malia adiantarse 0-2 con goles de Iago Aspas. O Rayo remontou logo de que os vigueses quedaran con dez tras a expulsión de Cabral.
Kutxabank suspende as execucións hipotecarias de xeito "inmediato" e ata que se coñeza a nova lexislación. A decisión da entidade chega tras o suicidio dunha muller en Barakaldo á que ían botar da súa casa.
Romay di que os galegos "coa súa intelixencia natural" votaron a Feijóo. O presidente do Consello de Estado celebra "a boa apreciación das cousas" dos cidadáns de Galicia por darlle a maioría absoluta ao PP.
Guillerme Vázquez defende "non obsesionarse" coa reunificación do nacionalismo. Aínda que a ve "desexable", aclara que non depende unicamente do Bloque nunha entrevista a Europa Press.
El País confirma o despido de 129 xornalistas. O ERE aplicado prevé a indemnización de 20 días por ano traballado e cun límite de 12 mensualidades. Os despedimentos foron anunciados por e-mail. Imaxe de @comite_elpais.
O Espazo Ecosocialista pide unha folga xeral "global e expansiva" porque "están en perigo os dereitos sociais e as liberdades". "Os recortes usan a crise como escusa para desmantelar o estado social e democrático", asegura.
Rubalcaba ofrece a Rajoy un pacto que deteña todos os desafiuzamentos. Pretende que se aplique tamén aos embargos que xa están en execución.
Feijóo pedirá que se inclúa a colaboración naval co Brasil no vindeiro cumio iberoamericano. Solicitará ao Goberno central que introduza a proposta na axenda oficial.
Máis de 120 socialistas piden a palabra no Comité Nacional do PSdeG, unha cifra que supón o terzo dos asistentes e que "non se lembra" nos cónclaves do partido.
O filme Arraianos, de Eloy Enciso, gaña o preimo do xurado no Festival de Cinema de Sevilla.