Guillerme Vázquez defende "non obsesionarse" coa reunificación do nacionalismo. Aínda que a ve "desexable", aclara que non depende unicamente do Bloque nunha entrevista a Europa Press.
Fálase
El País confirma o despido de 129 xornalistas. O ERE aplicado prevé a indemnización de 20 días por ano traballado e cun límite de 12 mensualidades. Os despedimentos foron anunciados por e-mail. Imaxe de @comite_elpais.
O Espazo Ecosocialista pide unha folga xeral "global e expansiva" porque "están en perigo os dereitos sociais e as liberdades". "Os recortes usan a crise como escusa para desmantelar o estado social e democrático", asegura.
Rubalcaba ofrece a Rajoy un pacto que deteña todos os desafiuzamentos. Pretende que se aplique tamén aos embargos que xa están en execución.
Feijóo pedirá que se inclúa a colaboración naval co Brasil no vindeiro cumio iberoamericano. Solicitará ao Goberno central que introduza a proposta na axenda oficial.
Máis de 120 socialistas piden a palabra no Comité Nacional do PSdeG, unha cifra que supón o terzo dos asistentes e que "non se lembra" nos cónclaves do partido.
O filme Arraianos, de Eloy Enciso, gaña o preimo do xurado no Festival de Cinema de Sevilla.
Unhas 10.000 toneladas de residuos do Prestige seguen á espera de tratamento en Sogarisa. A empresa e a Xunta di que non implican "risco", á espera dun acordo entre administracións central e autonómica. Cóntao Europa Press.
Pintadas de "banqueiros asasinos" en numerosas sucursais de Euskadi. Stop Desahucios Bizkaia pide que o suicidio da muller de Barakaldo "non quede impune.
O Goberno dará unha moratoria de dous anos ante desafiuzamentos graves. O acordo non deterá os desaloxos que xa estean en marcha, segundo conta El País.