A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propón no Parlamento Europeo que as taxas de desemprego sexan un criterio a ter en conta para a distribución dos Fondos Estruturais 2014-2020. "A cohesión non pasa polas grandes infraestruturas senón que consiste en crear emprego", di a parlamentaria.
